Friday 20 de September de 2024

O mikvé da rúa Sinagoga, peza clave nas xornadas sobre arqueoloxía urbana organizadas polo Museo Sefardí de Toledo


O concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, explicou o proceso de achado e os estudos que se están a realizar no enclave

O concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, participou esta tarde no marco das segundas xornadas de traballo de arqueoloxía urbana, organizadas pola Asociación de Amigos do Museo Sefardí en colaboración co Ministerio de Cultura e a Real Fundación de Toledo para falar do baño achado na rúa Sinagoga número 4.

O mikvé da rúa Sinagoga foi unha das pezas claves das xornadas cunha mesa dedicada a tratar o proceso de achado e os estudos que se están a realizar para a súa catalogación. O concelleiro, acompañado polo arqueólogo municipal, Marco Antonio Rivas, e a arquitecta municipal, Ana Debén, explicou o papel activo que está a levar a cabo o Goberno de Inés Rey para poñer en valor o enclave.
O edil expuxo que segundo diversos informes elaborados polo persoal técnico municipal, xunto con estudos arqueolóxicos encargados polo Concello, determinaron que o baño da rúa Sinagoga é un antigo mikvé o que suporía que no edificio estaría un dos únicos catro coñecidos no conxunto de España.

Ademais, tamén avanzou que o Concello continúa estudando a posibilidade de que o mikvé poida ser parte dunha antiga sinagoga: “as excavacións e campañas realizadas permitíronnos coñecer a existencia de dúas estruturas arqueolóxicas contiguas que poderían ser da mesma época. Pola estrutura da planta, todo apunta a que podría ser unha posible sinagoga mais precisamos continuar estudando o edificio” explicou.

Díaz trasladoulle ao auditorio que o obxectivo do Goberno local é rehabilitar o edificio para musealizalo e dar a coñecer a relación da Coruña coa comunidade sefardí. Nesa liña, o edil convidou as persoas relatoras a colaborar para avanzar na catalogación do espazo e posicionar A Coruña nos itinerarios arqueolóxicos da materia.

Deja un comentario